Test:a II guerra mundial e a organización da paz

 

A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ

1.- Unha das teses historiográficas sobre o fin da orde internacional xurdida da Iª GM e en consecuencia sobre as orixes da 2ª GM, responsabiliza ao expansionismo dos Estados totalitarios (III Reich). No que respecta a Europa, fálase dunha escalada das tensións motivada polo revisionismo do Tratado de Versalles (1919) que culminaría nos Acordos de Múnich das potencias europeas (1938), co resultado: 1) da anexión dos Sudetes; 2) da mutilación dun Estado democrático soberano como Checoslovaquia; 3) as dous son correctas.

2.- A ocupación de Checoslovaquia (antiguos territorios do Imperio Austro-húngaro) polo exército alemán ao ano seguinte do Ancluss (amexión de Austria) e as alianzas defensivas entre Francia e Polonia (outro Estado novo xurdido da Conferencia de París) e de Francia con Gran Bretaña, porán fin as estratexias diplomáticas destes últimos, supostamente inspiradas nun espíritu pacifista sen concurso da SdN, que pasan a Historia como políticas: 1) de apalancamento; 2) de apazugamento; 3) de pasteleo.

3.- Outra das viraxes diplomáticas que abriron o camiño cara a guerra foi o pacto xermano-soviético coñecido como o Protocolo secreto Ribbentrop-Molotov (1939) que cuestionaba o mapa politico xurdido da 1ª GM (cfr., discontinuidade territorial da antiga Prusia e o colchón sanitario fronte á Rusia soviética) con acordos sobre un reparto:1) de Polonia 2) dos países bálticos; 3) as dous son correctas.

4.- A invasión alemana de Polonia en septembro de 1939 foi o prólogo da 2ª GM. A fiabilidade internacional das potencias europeas occidentais, comprometidas polas súas recentes alianzas con Polonia, pesaron máis que o poder disuasorio do Pacto xermano-soviético. O casus belli nesta ocasión foi a reinvindicación territorial alemana :1) do corredor litoral de Danzig; 2) da rexión montañosa de Gdansk; 3) nengunha das dous é correcta.

5.- No desenvolvemento da guerra pódese distinguir unha fase inicial (1939-41) de dominio alemán que se identifica co “blitzkrieg” ou guerra relampo, táctica militar necesariamente selectiva, que sucesivamente padeceron, xunto ós países neutrais, Polonia e Francia. Precisamente a actitude militar pasiva de Francia e Inglaterra ata que lles tocou o turno é coñecida como:1) a cabalgata das walkirias; 2) a política do avestruz 3) a guerra tonta.

6.- Os éxitos bélicos de Alemaña (batalla de Dunkerque e ocupación de París, xuño de 1940) provocaron o aillamento de Gran Bretaña, a incorporación ao conflicto de Italia e a formación dun estado francés colaboracionista, coñecido como: 1) o Goberno Vichy; 2) a Francia de Pétain; 3) as dous son correctas.

7.- Derrotada Francia e frustrada a invasión do territorio británico (batalla aérea de Inglaterra), as iniciativas bélicas alemanas voltáronse de novo cara o leste (primeiro nos Balkáns e finalmente contra a URSS) e tamén extendéronse ó Norde de África. Entre as motivacións destas decisións militares están :1 ) o control da canle de Suez e a necesidade de materias primas; 2) compromisos adquiridos entre sí polas potencias do Eixo; 3) impresionar a Gran Bretaña e forzala ó armisticio.

8.- En decembro de 1941 un goberno xaponés crecentemente militarista que apostaba por un imperialismo excluínte no continente asiático (Declaración Amau, 1933) atacou por sorpresa a flota norteamericana en Perl Harbour (Hawai), conscente de que só os EEUU tiñan capacidade e vontade de impedilo (Cfr., Conferencia de Washington, 1921). Os planos militares xaponeses estiveron precedidos dunha alianza con Italia e Alemaña (1940) coñecida como:1) o Pacto de Aceiro ; 2) a Unión Patriótica; 3) o Triángulo Berlín-Roma-Tokio.

9.- As victorias aliadas en 1942 (O Alamein, Stalingrado) sinalan o devalo das potencias do Eixo, sen embargo, a contenda prolongaríase nunha guerra de desgaste que a prol do maior potencial demográfico e industrial só culminaría na primavera de 1945 coa caída de Berlín,tomada:1) polos occidentais; 2) polos soviéticos; 3) simultaneamente, por acordo previo.

10.- Tamén o ano de 1942 resultou decisivo para a guerra no Pacífico (victoria USA en Midway), na medida en que permitiu reconquistar os territorios ocupados polos xaponeses, sen embargo, a solución definitiva fíxose esperar polo endurecemento das resistencias unha vez alcanzado o territorio nipón. A petición da paz viu forzada polas explosións atómicas en Hiroshima e Nagasakidecididas polo Presidente norteamericano: 1) Roosevelt; 2) Truman; 3 )MacArthur.

11.- As consecuencias da guerra póñense de manifesto con reparar tanto na extensión do conflicto a tódolos continentes e no baldimento de recursos materiais e humanos (estes últimos calcúlanse en 60 millóns) como na súa crueldade (bombardeos indiscriminados, deportacións masivas e o xenocidio xudío). Na recuperación de Europa o protagonismo norteamericano púxose de manifesto a través: 1) da concesión de créditos ; 2 ) do chamado Plano Marshall; 3) as dous son correctas.

12.- Trala fin da guerra fíxose evidente o declive político, económico e moral de Europa non só a nivel mundial (procesos de descolonización), senón tamén no propio continente (formación do “telón de aceiro” ou repartición de Europa en áreas de influencia polas superpotencias USA e URSS). Aínda así, o mapa político europeo non experimentaría cambios tan radicais como na Conferencia de París. En1945, a nova orde internacional foi deseñado nas Conferencias de: 1) Ialta e Postdam; 2) San Francisco e Terranova; 3) Londres e Moscova.

13.- Xa durante o transcurso da guerra viuse a necesidade de recuperar o espíritu da SdN. O proxecto culminaría coa redacción da Carta das Nacións Unidas en xuño de 1945 e entre os seus obxetivos merece salientar a paz e a seguridade internacional, o respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais e a cooperación económica e social. Unha das razóns da súa maior eficacia respecto da SdN non é outra que contar:1) cunha forza militar de intermediación; 2) con soldados dos PPMM baixo bandeira da ONU; 3) as dous son correctas.

14.- Na estructura orgánica das UN, xunto ós órgaos de decisión e de debate (Secretario, Asemblea e Consello de Seguridade con sede en Nova YorK) e do Tribunal da Haia, existen unha serie de comisións, axencias e organismos especializados como:1) a Unesco e a Unicef; 2) a FAO e a OMS;3) as dous son correctas.

15.- Un dos primeiros problemas cos que tivo que enfrontarse a ONU foi a creación do Estado de Israel. No Plano de partición das UN (1947), xunto á delimitación das zonas xudea e árabe e á localización dos asentamentos duns e outros nos territorios alleos, recoñécese: 1) o principio de igualdade na extensión das zonas e no número dos asentamentos; 2) o principio de igualdade na continuidade territorial; 3) o estatuto de Xerusalenm como cidade internacional.

16.- Ó remata-la 2ª GM só hai duas superpotencias (USA e URSS), que ademais o son a escala mundial. A súa influencia territorial é consecuencia da súa gran capacidade demográfica e industrial como sen dúbida tamén:1) do seu monopolio nuclear; 2) da súa complementariedade ideolóxica; 3) das súas historias nacionais paralelas.

17.- Os primeiros desacordos entre as superpotencias maniféstanse en 1947 (Alemaña, Grecia, e Turkía) e reflicten a contradicción de intereses entre potencias con cosmovisións políticas e económicas radicalmente dispares.O chamado bloque occidental identifícase con: 1) a Doutrina Truman e o Plano Marshall; 2) OTAN ou NATO; 3) as dous son correctas.

18.- O bloque comunista, nun exercicio de reacción simétrica ao bloque liberal capitalista, caracterízase institucionalmente pola creación da Kominform, do Comecon e do: 1) Exército bermello; 2) Pacto de Varsovia; 3) nengunha das dous é correcta.

19.- O Plano Marshall (1948-52), axuda económica americana para a reconstrucción postbélica de Europa, mais tamén cunha dimensión política (dete-la extensión do comunismo favorecida pola explosiva situación social derivada das penalidades da guerra) foi aceptado por 16 países que constituiron a OECE. Os principais beneficiarios foron en termos absolutos:1) Inglaterra e Francia; 2) Italia e Polonia; 3) os países do BENELUX.

20.- A Alemaña vencida dividiuse en 4 zonas de ocupación militar (soviética, francesa, británica e norteamericana). A capital Berlín ,que estaba na zona soviética dividiuse a súa vez en 4 sectores. O bloqueo de Berlín por parte da URSS respostaba ás diferencias dos aliados na interpretación dos acordos de Ialta respecto da futurible reunificación de Alemaña. A crise, sobre non lograr o abandono occidental da cidade de Berlín, rematou co nacemento de dous estados alemáns,a RFA e a : 1) República Socialista ; 2) República Democrática; 3) Republica soviética.

O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S.XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN

1.- Unha das consecuencias máis importantes da II GM foi o inicio do proceso de descolonización, é dicir, do acceso á independencia daqueles países que estaban sometidos ao rexime colonial. Cronolóxicamente extendeuse: 1) desde1945 a 1975; 2) paralelamente á guerra fría e á distensión da coexistencia pacífica; 3) as dous son correctas.

2.- O acceso á independencia non implicou necesariamente a autonomía económica ou cultural. Na nova situación as antigas colonias son agora países subdesenvolvidos de economía dependente, que se manifesta a través dun comercio desigual (venda de materias primas e de pobres a cambio de manufacturas). Trátase, pois, dun fenómeno de: 1) neo-foralismo; 2) neo-colonialismo 3) neo-capitalismo.

3.- A primeira vaga descolonizadora iniciouse en Asia. No subcontinente indio a loita pola independencia do Imperio británico coñecera fitos como o Pacto de Lucknow (1916), de converxencia dos nacionalistas hindúes do Partido do Congreso (Nehru) e da Liga Musulmana (Alí Khinnah). O movemento adquiriu un gran desenvolvemento no periodo de Entreguerras arredor de:1) Mahatma Gandhi; 2) Indhira Gandhi; 3) Rajiv Gandhi.

4.- A independencia do Indostán en 1947 non impediu a división de hindúes (Unión India) e de musulmáns (Pakistán e Bangla Desh) como mal menor dunha violencia:1) que costou a vida do propio Gandhi; 2) millóns de desprazados; 3) as dous son correctas .

5.- O proceso de independencia de Indonesia (1949) é representativo dentro do escenario asiático: colonia europea ocupada polo xaponeses que finalmente derrotados lle permite rexeitar o estatuto neocolonial ofertado pola metrópoli (neste caso, o Reino de Holanda).O primeiro Xefe de Estado desta República islámica foi:1) Sukarno; 2) Suharto; 3) U Thant.

6.- A colonia francesa de Indochina tamén coñeceu trala II GM unha proclamación unilateral de independencia (Ho Chi Minh). A guerra prolongouse ata os acordos de Xenebra de 1954 que dividiu o territorio en 3 novos Estados: 1) Vietnam, Malasia e Siam; 2) Vietnam, Laos e Camboia; 3) Vietnam, Thailandia e Tonkín.

7.- A segunda vaga de descolonización extendeuse polo norte de África. Libia, excolonia italiana e baixo a tutela da ONU desde 1946 obtivo a súa independencia en 1951. Nas colonias francesas do Mogreb (Marrocos, Alxeria e Tunisia) a presión popular independentista desde 1954 tivo respostas máis ou menos represivas da metrópoli en función:1) da unidade ou non dos políticos imperialistas; 2) da antiguidade do establecemento colonial; 3) da proximidade xeográfica ao territorio de Francia.

8.- A vaga descolonizadora pola África subsahariana extendeuse desde 1958 (Ghana) a 1977 (Namibia) e supuxo o desmantelamento dos imperios británico e francés, malia a adoupción de estratexias descolonizadoras diferenciadas (de autogoberno e de integración plena, respectivamente). A Commonwealth ou asociación do Reino Unido coas excolonias é unha institución: 1) política; 2) económica; 3) lingüística e cultural.

9.- En África alternaron os procesos de transición pacíficos cos violentos. Especialmente conflictivo foi a independencia das colonias portuguesas. Outras independencias complicadas, ainda que con diferencias entre sí, foron:1) as de Guinea e Senegal; 2) Kenia e Congo; 3) Somalia e Rodhesia.

10.- A descolonización implicou a aparición de novos actores políticos á marxe dos bloques socialista e capitalista enfrontados nos anos da guerra fría, tal como se manifestou na Conferencia de Belgrado (1961) co Movemento de Países Non-aliñados. A afirmación do dereito de autodeterminación que recolle a Carta das UN foi unha reinvindicación da 1ª Conferencia de Países Afroasiáticos (1955) celebrada en: 1) Bandung; 2) Pekín; 3) Trípoli.

11.- Rematada a II GM e malia os conflictos abertos como resultado da diferente interpretación dos acordos de Ialta (Grecia, Berlín, etc.), o primeiro enfrontamento entre as superpotencias con manifestacións bélicas tivo escenario asiático (guerra de Corea, 1950-53). O armisticio de Pammujon deixaba as cousas como no momento da rendición dos xaponeses ante rusos e americanos, un país dividido en dous Estados: 1) polo paralelo 42; 2) polo paralelo 38; 3) polo meridián 190 lonx E.

12.- A morte de Stalin en 1953 e o proceso de desestalinización subseguinte (XX Congreso do PCUS) favoreceu a transición cara a unha distensión nas relacións internacionais da chamada “guerra fría” (doutrina Truman e idanovismo). O novo marco internacional no que as superpotencias recoñecían os seus liderazgos nos seus respectivos bloques de aliados foi cualificado historiográficamente como: 1) de resposta flexible; 2) de coexistencia pacífica; 3) de contubernio antinatural.

13.- As tensións no interior de cada bloque puxeron en evidencia máis a suposta homoxeneización que a xerarquización dos mesmos, só cuestionada a partir da autonomía nuclear (Gran Bretaña, Francia, R.P. De China).Dous acontecementos que exemplifican esta consolidación do liderazgo americano e ruso foron en 1956:1) a crise da canle de Suez e a invasión de Budapest; 2) a guerra dos Seis Días e e a guerra do Yom Kippur; 3) a invasión de Checoslovaquia e a crise de Cachemira.

14.- Outras crises internacionais, xa na década dos 60 foron a construcción do Muro de Berlín (1961) e a crise dos misiles de Cuba (1962), nas que os bloques a través das súas superpotencias mediron as súas capacidades de presión diplomática. Os Xefes de Estado de USA e da URSS neses históricos momentos eran:1) Eisenhower e Molotov ;2) Kennedy e Kruchev; 3) Jonshon e Breznev.

15.- O final da guerra de Indochina (1954), Vietnam dividiuse en dous polo paralelo 17. En Vietnam do Sul, o goberno autoritario provocou a aparición dunha resistencia armada ou “vietcong”; así como a expansión comunista do norte favoreceu a intervención americana (1960-1973). A unificación baixo o goberno de Hanoi tivo lugar en :1) 1975; 2) 1980; 3) 1985.

16.- A URSS pola súa banda, apoiou militarmente a países africáns (Angola, Etiopía) e hispanos (Nicaragua) enfrontados co liderato capitalista; mais tamén para mante-lo equilibrio con USA interveu en Afganistán (1979-1989), malia a condea da ONU, dos Países Non-aliñados e: 1) do movemento dos budistas talibáns; 2) da Liga Islámica; 3) dos fundametalistas hindús.

17.- Ata mediados do s.XX os grandes grupos petroleiros eran norteamericanos, británicos e holandeses. A partir de 1960 coa fundación da OPEP comenzaron os países productores a idear unha política común. En outubro de 1973 o petróleo convirteuse nunha arma política. O factor desencadeante foi:1) a revolución iraní de Khomeini; 2) a invasión de Kuwait; 3) a guerra árabo-israelí do Yom Kippur.

18.- Coas crises dos prezos do petróleo de 1973 e de 1979 o mundo occidental decatouse da súa dependencia respecto desta fonte de enerxía; denante esta situación e co fin de reparti-la os países desenvolvidos crearon: 1) un Comité de Administración da Crise ; 2 )unha Diputación Xeral de Emerxencias; 3) unha Axencia Internacional da Enerxía.

19.- A revolución que derrocou á dinastía Pahlevi e instaurou a República Islámica en Irán enmárcase no contexto do rexeitamento polos países islámicos do neocolonialismo occidental. Este descontento manifestouse nunha volta ó sentido estricto do Corán tanto no relixioso como no político. Exemplos de fundamentalismo islámico son:1) os Irmáns musulmáns e a Fronte Islámica de Salvación; 2) Hezbolá e Hamas; 3 ) as dous son correctas.

20.- A política de “firmeza” e de desafío armamentista do Presidente USA, R. Reagan acelerou as contradiccións internas do bloque soviético. O fracaso das reformas (perestroika e gladnost) de Gorbachev (Secretario do PCUS) e o Golpe de Estado de 1991 provocou a desaparición da URSS sustituida pola: 1) Comunidade de Estados Independentes; 2 ) Confederación de Estados Soberáns; 3) Sociedade de Estados Solidarios.

ESPAÑA NO S.XX: DITADURA DE FRANCO E MONARQUÍA DEMOCRÁTICA

1.- A victoria de Franco na Guerra Civil debéuse en parte á axuda das potencias do Eixo Berlín-Roma. O novo Estado nacía como un Estado totalitario:1) de partido único; 2) militarista; 3) sen liberdade relixiosa.

2.- A guerra lóstrego (blitzkrieg) e a derrota do exército francés creou no nacionalismo español dúbidas a prol da entrada no conflicto bélico. Entre as vantaxes estaba a recuperación de Xibraltar e a creación dun imperio en África a costa do Marrocos francés. En contra, a fame e a creba do país. As negociacións tiveron lugar en outubro de 1940 na localidade fronteriza de:1) Hendaia; 2) Port-Bou; 3) Somport.

3.- Cando a derrota do Eixo fíxose evidente, a política española reforzou a neutralidade (retorno da División Azul, corpo voluntario na fronte oriental soviética). A victoria aliada supuxo a condea internacional do rexime franquistaa través:1) da retirada de embaixadores e o peche da fronteira con Francia; 2) a negación como membro da ONU; 3) as dous son correctas.

4.-Na adaptación á nova orde internacional o franquismo abandonou os signos externos feixistas, adouptando medidas formalmente (non funcionalmente) democráticas como:1) a restauración dunhas cámaras de representantes plurais; 2) a elaboración dunha Leis Fundamentais; 3) nengunha das dous son correctas.

5.-A ruptura USA-URSS na interpretación dos Acordos de Ialta e Postdam convertirá ao rexime anticomunista de Franco nun aliado oportunista dos norteamericanos a través do pacto bilateral de 1953 (axudas económicas por bases militares).Dous anos máis tarde España ingresa:1) na CEE; 2) na OTAN; 3) na ONU.

6.- As restriccións ao comercio impostas pola guerra mundial levaron ao goberno franquista a impoñer unha política autárquica, concretada nun intervencionismo de Estado (supresión da liberdade de mercado e control das actividades económica, medidas de incremento da producción agraria e creación do INI, etc.), insuficiente para superar a dependencia exterior.Cronolóxicamente a autarquía extendeuse:1) ós 40; 2) ós 50; 3) ós 60.

7.- As desviacións e as insuficiencias da Autarquía trataron de superarse a través dunha serie de medidas de carácter liberalizador que permitiron a entrada de capital exterior e con ela o arranque do desenvolvemento económico. A nova política coñeceuse como:1) Plano Marshall; 2) Plano de Estabilización; 3) Plano de Reconversión.

8.- Ó termo da Guerra Civil implantouse un modelo de sociedade semellante ó que existía con anterioridade á proclamación da II República cos sectores tradicionais, xunto a Igrexa e o Exército, como os máis influentes. Ideolóxicamente, o rexime baseouse no ideario de Falanxee a participación política no marco da Ditadura a través:1) do Movemento Nacional;2) da FET e das JONS; 3) as dous son a mesma cousa.

9.- Ó acabar a II G,M, as posesións coloniais españolas comprendían o Sáhara, Ifni, Guinea Ecuatorial e o Protectorado do norte de Marrocos. A Independencia do territorio rifeño en 1956 foi `paralela a do Marrocos francés. En 1969, selles incorporou Ifni. Ese mesmo ano Rio Muni e as Illas de Fernando Póo e Annobón convirtéronse nun novo Estado baixo a presión descolonizadora:1) da opinión pública internacional; 2) da ONU; 3) da OUA.

10.- O Sáhara occ. de case 2.500.000 Kms2 e de menos de 100.000 habs, posúe os depósitos máis ricos de fosfatos do mundo. A reinvindicación de Marrocos sobre este territorio ó final da ditadura franquista, levou a España a repartila, coa oposición da poboación saharaui,entre os dous veciños do norte e do sul (Marrocos e Mauritania) :1) no Congreso de Rabat; 2) no Foro de Nuakchott;3) na Conferencia de Madrid.

11.- Nos anos 60 uníanse en España desenvolvemento económico e procesos de apertura política, se ben baixo un férreo control dos medios de comunicación e de persecución das organizacións de opositores. En 1966, aprobouse unha reforma das Cortes, pola que se creaba a figura do Presidente de Goberno e se establecía a forma de sucesión ao Caudillo. A nova lexislación é coñecida como:1)Foro dos Españois;2) Lei Orgánica; 3) nengunha é correcta.

12.- Nestes anos 60 a oposición antifranquista maniféstase fragmentada tanto no eido político como socio-sindical. No primeiro, atopamos aos nacionalismos periféricos, comunistas, socialistas e democristiáns. Representantes destas úútimas ideoloxías solicitaron aos países europeos que esixisen reformas democráticas á España de Franco.Este episodio coñécese como:1) ”o contubernio xudeo-masónico”; 2) a reunión de Múnich de 1962; 3) as dous son correctas.

13.- O chamado “milagre español” reproduciu o crecemento económico dos países de Europa occ., aínda que con retraso e sen que apenas supuxese reformas políticas. As bases deste relanzamento económico foron, xunto ós Planos de Desenvolvemento:1) a emigración e o turismo;2) as remesas dos emigrantes;3) a venda dos pobres e xaque logo, do paro.

14.- Houbo tres Planos de Desenvolvemento entre 1964 e 1975 que convirtiron a España no décimo país industrial do mundo (sectores siderúrxico, automovilístico e de construcción). Con todo, España seguíu sendo un país exportador de productos agrarios (aceite, cítricos e viños).Os beneficiarios desta industrialización foron:1) as clases medias e as cidades; 2) as rexións de maior tradición fabril exclusivamente;3) os sectores de apoio ó réxime.

15.- Ó final do réxime franquista, nun contexto de desaxustes económicos internos (atraso agrario, dependencia tecnolóxica, saturación urbana e falla de infraestructuras) agravada pola crise enerxética, medrou a oposición nos ambientes estudiantil e obreiro. Malia os intentos de perpetuarse (cfr.,”O bunker”), este réxime personalista desaparecerá coa morte do seu fundador:1) 20 D de 1973; 2) 20 N de 1975; 3)23 F de 1981.

16.- Trala morte de Franco restaurouse a Monarquía con Xoán Carlos I, nomeado sucesor por aquél. O Rei favorecerá a implantación dun réxime democrático e o Presidente Suárez dará os pasos para desfacer o Estado franquista sen vacío legal a través:1) dun referendun para a Reforma Política; 2) da convocatoria de Cortes constituíntes; 3) as dous,por esa orde.

17.- A Constitución española aprobada en decembro de 1978 define a España como monarquía parlamentaria (división de poderes) e como o estado das Autonomías (fronte a unha concepción centralista). Históricamente as duas constitucións que recoñeceron este feito foron:1) as de 1873 e a de 1931; 2) as de 1812 e 1837; 3) as de 1845 e 1876.

18.- A Constitución de 1978 permite a cada Comunidade do Estado acceder á Autonomía por vías diversas; sen embargo, despois de dous décadas de vixencia a organización institucional de todas elas é bastante similar. Polo que respecta ás competencias transferidas debemos diferenciar as chamadas Comunidades “históricas”, é dicir:1) Castela e Aragón; 2) Galicia, Euskadi e Cataluña; 3) Navarra e Granada.

19.- Ó largo do s.XX España deu pintores fundamentais para a arte contemporánea, o que supuxo un reto e tamén unha sombra para os artistas das xeneracións posteriores.Entre 1945 e 1980 salientan colectivos e personalidades como:1) Dau al Set e A.Tapies; 2) O Paso e A.Saura; 3) as dous son correctas.

20.- Na consolidación da democracia española hai que salientar as aportacións da UCD de Adolfo Suárez (transición democrática), do PSOE de Felipe González (entrada na CEE e na OTAN) e do PP de José María Aznar (entrada na UEM). Ó largo de toda esta etapa histórica o problema social máis importante foi:1) o paro; 2) o terrorismo; 3) a drogadicción.

As etapas do maoísmo

Linea do tempo sobre as etapas do maoísmo.

linea do tempo aquí.

Organizacións da ONU

Organigrama coas organizacións da onu.

Cmaps ONU

Principais institucións da CEE

Cmaps sobre as principais institucións da CEE e as relacións existentes entre elas.

Cmaps CEE

A Unión Europea

Dipity sobre a incorporación dos países á UE.                          

linea do tempo  aquí.

PPT; O constructivismo ruso

PPT sobre o constructivismo ruso e os seus maiores representantes:

O Constructivismo

Linea del tiempo

Linea del tiempo sobre España desde el 1902 hasta el 1939.

España desde el año 1902 hasta el año 1939.

Biografía; Victoria Kent Siano

FICHA BIOGRAFICA DE PERSONAJES HISTÓRICOS

NOMBRE DEL ACTOR.- Victoria Kent Siano

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS. Guerra civil española.

RESEÑA BIOGRAFICA


Fontes  bibliográficas  e recursos  web:

Wikipedia

IDENTIDAD.- Victoria Kent Siano fue una abogada y política republicana española.

COORDENADAS VITALES.- Nació en Málaga el 3 de marzo de 1918 y murió en Washington el 22 de septiembre de 1987.


ORIGEN FAMILIAR: Su padre, José Kent Román, fue un comerciante de tejidos, y su madre, María Siano González, ama de casa.

 

ESTUDIOS Y FORMACIÓN.-  EN 1917, se marchó a Madrid a estudiar el bachillerato en el instituto Cardenal Cisneros. En 1920 ingresa en la facultad de Derecho de la Universidad Central (actual Universidad Complutense de Madrid), donde cursa la carrera como alumna no oficial hasta su licenciatura en junio de 1924.

 

CURRICULUM PROFESIONAL.-Se colegia en enero de 1925 y, no tarda en tener su primera intervención como abogada defensora. Se hizo famosa en 1930 defendiendo ante el Tribunal Supremo de Guerra y Marina a Álvaro de Albornoz. Fue la primera mujer en el mundo en intervenir ante un consejo de guerra, consiguiendo la absolución de su defendido.Afiliada al Partido Radical Socialista, fue elegida en 1931 diputada de las Cortes Constituyentes por Madrid.

 En las elecciones del 16 de febrero de 1936, Victoria Kent fue elegida diputada por Madrid, en las listas de Izquierda Republicana, que formaba parte del Frente Popular.

Fue designada Directora General de Prisiones, cargo que desempeñó con el objetivo de conseguir la rehabilitación de los presos, y que ocuparía hasta 1934.

 

IDEOLOGÍA.-  De ideología republicana y a pesar de sus convicciones democráticas y feministas, Victoria Kent se opuso a la concesión del derecho de voto a las mujeres, pues creía que lo emplearían en un sentido conservador; y sostuvo una polémica al respecto con otra representante feminista en las Cortes republicanas, Clara Campoamor.

Hasta el final de su vida continuó declarándose “republicana, demócrata, federalista y liberal”.

PRODUCCION LITERARIA.

 VILLENA, Miguel Ángel, Victoria Kent, una pasión republicana.

linea del tiempo: descubrimientos tecnológicos

Traballos de bitácora

PLANTAS BIOGRÁFICAS.

PERXONAXES DO LIBERALISMO ESPAÑOL: Cea Bermúdez, Javier de Burgos, Martínez de la Rosa, Juan Álvarez Mendizábal, Francisco Javier Istúriz, José Mª Calatrava, Baldomero Espartero, Ramón Mª Narváez;Luís González Bravo, Alejandro Mon y Menéndez; Juan Bravo Murillo, Leopoldo O´Donnell, Francisco Serrano y Domínguez, Juan Prim y Prats, Estanislao Figueras y Moragas; Francisco Pi i Margal; Nicolas Salmerón, Emilio Castelar, Antonio Cánovas del Castillo, Mateo Práxedes Sagasta. Francisco Agustín Silvela y Casado, Antonio Maura, Eduardo Dato,Santiago Montero Ríos, Segismundo Moret, José Canalejas, Álvaro de Figueroa y Torres Conde de Romanones, Manuel García Prieto.

PERXONANAXES DA REVOLUCIÓN TECNOLÓXICA DO XIX: Hargreaves, Crompton, Cartwright, Jacquard, Cort, Bessemer, Thomas, Watt, Faraday, Edison, Jenner, Koch, Pasteur, Roentgen, Montgolfier, Stephenson, Sauvage, Morse, Daguerre, Meucci, Daimler, Orbile & Wilbur Wright, Appert, McCormick, Tellier.

PERXONAXES DE LIDERAZGO SOCIAL.- Wilhelm Weitling; Charles Fourier, Robert Owen, Louis Blanc, Louis Auguste Blanqui, Carlos Marx, Federico Engels, Mijail Bakunin, Piotr Kropotkin, Ferdinand Lassalle; Jules Guesde, Jean Jaurés, Georges Sorel, Vladímir Ilich Lenin, León Trotsky, Rosa Luxemburgo, Concepción Arenal, Anselmo Lorenzo, Pablo Iglesias, Julián Besteiro, Salvador Seguí, Ángel Pestaña.

ARTISTAS REPRESENTATIVOS  DO POSTIMPRESIONISMO E DAS VANGARDAS.-  Manet, Monet, Pisarro, Sisley, Degás, Renoir, Cezanne, Gauguin, Van Gogh, Tolouse-Latrec; Matisse, Derain, Vlaminck; Munch, Ensor, Kirchner, Kandinsky; Braque, Picasso; H. Arp, M.Duchamp, F. Picabia.

LÍNEA DE TEMPO: Lexislación laboral e descubrimentos tecnolóxicos (Adicional: 1ª e 2ª revolución industrial).

PRESENTACIÓN PPT: Realismo pictórico, Impresionismo e Vangardas.

NACIONALISMOS DE  UNIFICACION. ACTORES INSTITUCIONAIS:

Unificación italiana: Reino de Piamonte-Sardeña; Gran Ducado de Toscana; Reino das Dous Sicilias; Estados Pontificios.

Unificación alemana: Ducados daneses,  Reino de Baviera, Alsacia-Lorena

Biografías: Robespierre

dipity: Revolución francesa

« Entradas más antiguas

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.